A Plataforma de Sindicatos de Nacións sen Estado Europeas (PSNSE) vén de facer público o seu informe da xuntanza deste organismo celebrada o pasado 9 e 10 de novembro de 2013 na Bretaña.As conclusións destas xornadas nas que se reuniron organizacións obreiras de nacións sen estado europeas como a catalá, a vasca, a canaria, a bretoa, a sarda, a corsa e a galega, están dispoñibles en PDF e unicamente en francés polo de agora nesta ligazón.