Psa Vigo, FOLGA 15 xullo (1)

297

Hoxe 15 de xullo esta convocada una xornada de Folga no Centro de PSA en Vigo. Dita xornada convocada por CUT, CIG e CCOO; desenrolouse con total normalidade, a pesar da forte e inxustificada presenza policial ao servizo dos intereses da Empresa. Os piquetes informativos actuaron correctamente en todo momento e cumprindo coa legalidade vixente, algo que non podemos dicir da Empresa.

Como puidemos comprobar esta Fábrica pode presumir ser 4.0 en tecnoloxía, pero no que se refire aos dereitos dos traballadores estamos nos anos 80, polo despregue de forzas de Seguridade do Estado, para garantir o dereito ao traballo pero non o dereito á folga, recorrendo a Empresa a todo tipo de artimañas, algunhas ilegais para tentar cubrir postos de traballadores/as folguistas por operarios doutras quendas ou talleres.

Esta xa foi condenada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por vulneración do dereito de folga.

A pesar de que a xerarquía entrou a 1:00, de que operarios foron invitados a entrar as 3:00,4:00.. (aos que lle daban de almorzar), de que se  prolongou a xornada dos operarios da quenda de noite máis aló das 8 horas e que non se respectou o descanso mínimo entre quendas que marca a Lei; e de que incluso traballadores/as de empresas auxiliares cubriron postos de traballadores/as folguistas.

A pesar de todo isto a Empresa lle custou arrancar as liñas, e perdeu parte da produción prevista para a xornada de hoxe, debido ás frecuentes paradas por falla de persoal. Iso sen falar da diminución da calidade, en parte, por operarios sen formación e extremadamente cansos.

A Xuntanza da Inspección de Traballo co Comité de Folga serviu para facerlle chegar todas as irregularidades que atopamos na vista aos Talleres. A espera da súa resolución ao respecto.

Sen que finalizara aínda a xornada de folga, e a falla dunha análise posterior, as tres centrais sindicais podemos e debemos considerar esta xornada un éxito. Porque esta xornada forma parte dunha loita unitaria mantida no tempo, e que este é un paso máis.