Protección de menores: por un convenio galego e digno

251

Preto dun cento de traballadoras do servizo de protección e reforma de menores volveron concentrarse esta mañá diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano (Compostela) para exixir acabar coa súa precariedade e a do servizo de atención ás nenas e nenos que atenden.

Baixo lemas coma “O V convenio discrimina e precariza” ou “A vocación non é explotación” as traballadoras reclaman un convenio galego que dignifique o seu traballo e garanta un servizo digno tamén para o servizo que as nenas e nenos galegas en situacións de desprotección precisan.

Tras esta mobilización a CUT mantivo un encontro coa CIG para avanzar xuntas nesta loita, no que a nosa central acordou adherir a folga convocada para o vindeiro xoves, 6 de novembro, e apoiar a mobilización prevista ás 12 h dese día diante do Parlamento.

CUT, CIG e SNEP unirán así forzas e loita para forzar a negociación dun convenio de ámbito galego que mellore a situación laboral neste sector.

Cos nenos e nenas non se mercadea. Por un servizo de protección de menores digno. Convenio galego xa!