Presentación do libro “Vigo republicano” nos venres culturais

56

A sede da CUT en Cangas acollerá este venres, 4 de outubro, ás 19 h a presentación do libro “Vigo Republicano. Palabras para o 14 de abril”, dentro do ciclo de charlas dos venres culturais da CUT.

O libro, autoeditado pola Asemblea Republicana de Vigo, recolle os discursos do peche das Manifestacións pola república do 14 de abril en Vigo dende o ano 2004 ata o 2024, un percorrido de loita pola República de vinte anos, onde dirixentes políticos e políticas, avogados e xentes da cultura, da arte, ou do ensino dirixíronse ás persoas alí concentradas, diante da Rúa da II República de Vigo, para proclamar en berro de liberdade democrática, a necesidade de instaurar, como en 1931, un réxime republicano que substitúa a herdanza franquista da monarquía borbónica.

No acto intervirán Xosé María Álvarez Cáccamo e Celso López Pazos.

A Central Unitaria de Traballadoras aproveitará o encontro tamén para celebrar o 79º aniversario da FSM e amosar a súa solidariedade co Líbano e co pobo palestino.