Presentación do fanzine n. 0: Voz, loita e clase

151

O local da CUT en Compostela acolleu este xoves a primeira das presentacións do fanzine “Voz, loita e clase”, unha publicación elaborada polas compañeiras da Secretaría Feminista a partir dos materiais extraídos dos actos deste 8M arredor da figura de Begoña Caamaño, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

É o primeiro encontro deste tipo, que terá a súa réplica o vindeiro luns, 25 de maio ás 18:30 h en Vigo, o xoves 28 de maio ás 19 h e en Cangas do Morrazo, o venres 29 de maio ás 19 h.

Os actos, aos que está chamada toda a afiliación, serven tamén como punto de encontro arredor da figura da Secretaría Feminista, compartir a súa historia e recoller concretas para seguir avanzando na súa integración na vida sindical de todas nós.