As traballadoras de infantil 0-3 anos, menores, dependencia e SAF volvemos hoxe ás rúas para denunciar a precarización destes servizos á cidadanía e reclamar un sistema galego público de atención ás persoas.

Convocadas pola CUT, CIG e SNEP o persoal concentrouse hoxe de novo diante do edificio administrativo da Xunta en San Caetano (Compostela) tras un ano de oídos xordos da conselleira de Política Social, Fabiola García. Reclaman condicións laborais dignas, ratios asumibles, maior dotación de recursos humanos e materiais, incremento de fondos públicos, aplicación inmediata das melloras salariais recollidas no XVI Convenio estatal en todos estes servizos, feminizados e precarizados.

Demandamos a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas, que acolla e coordine todos estes servizos (centros educativos 0-3, centros de menores, residencias da terceira idade, centros de atención á dispacidade e o servizo de atención no Fogar, así coma os equipos de valoración e outros recursos asociados a eles), ao tempo que se reclama dotación de recursos materiais e humanos abondo para desenvolver estes labores.
As organización sindicais convocantes apuntamos á Xunta como responsable directa da situación de desleixo actual e avanzamos a convocatoria de novas mobilizacións no outono, valorando a convocatoria de folga en todos os servizos de non ser atendidas as demandas das traballadoras.












