Praza do Obradoiro acolle o 10 de xuño acto en defensa do dereito a decidir de Catalunya

124
Cartelería do acto deste sábado: isto vai de democracia

A Praza do Obradoiro acollerá unha concentración solidaria co dereito a decidir do pobo catalán este sábado 10 de xuño ás 12 horas da mañá baixo a lenda “Isto vai de democracia”.

Esta concentración, impulsada pola sección galega da ANC e co acompañamento das centrais sindicais galegas e de diversas organizacións políticas e sociais pretende deixar claro que o dereito a decidir non é negociable. 

Calquera imposición unilateral dun marco estatal a un pobo é contrario ao principio mínimo de respecto aos dereitos tanto das traballadoras e traballadores así como dos propios dereitos da colectividade. A CUT participará desa mobilización tende presente o seu vínculo internacionalista e solidario coas centrais obreiras irmás Intersindical Alternativa de Catalunya (IAC), Intersindical-Confederación Sindical Catalana e da Coordinadora Obrera Sindical (COS)