POUCO TARDARON EN DESVELAR A VERDADE

71

O PSOE español ven de prorrogar o Estado de Alarma ata finais de xaneiro. A CUT xa denunciou nos días pasados que os controladores eran a escusa perfecta, a cortina de fume para agochar a verdadeira intención dos feitos: recurte deses dereitos ca eles chaman constitucionais, privatizacións e represión.Os feitos están a darnos a razón, hoxe mesmo podemos ler na prensa que o Alcalde da Coruña ven de declarar, con relación a unha posíbel folga do lixo na cidade, o seguinte: “Non vou permitir que se tome como reféns aos cidadáns por asuntos que son estritamente de relación laboral”, supomos que xa falaría co exército para unha posíbel intervención. Abriron a veda e van á caza do dereito a folga, dende agora todas elas van ir filtradas pola “defensa dos dereitos do cidadáns”, “interese xeral” e cousas polo estilo para xustificar a súa prohibición e a represión sobre quen exerza este dereito; e mentres, a sacrosanta opinión pública pensando nos controladores e na perda das viaxes de lecer.O cinismo “democrático” é tal que onte mesmo, na manifestación da CUT estivemos escoltados pola policía nacional, que argumentou que estaban alí para garantir o noso dereito a manifestarnos, eso sí, previa identificación, copia da lenda da cabeceira por se tiña mensaxes cifradas, e cortando un só carril para garantir o dereito á libre circulación dos automóbiles entre nós.Ao alcalde da Coruña non se lle ocorre defender os dereitos de Miguel Anxo, o compañeiro do STL que foi despedido. Non houbo para el secuestro de dereitos?. Está ben claro cara onde camiñamos, de non defender os nosos dereitos acabaremos en xaulas das que só sairemos para ir traballar.