Posición da CUT diante do novo Goberno do estado

297

O Réxime do 78, artellado para o desenvolvemento e afianzamento do capitalismo, demostrou unha vez máis a súa fortaleza. Co estalido da crise apareceu unha fenda no sistema que levou, á clase traballadora, a pensar na posibilidade dun cambio político real. A rúa reviviu en teatro de confrontación de clase, os discursos políticos recuperaron palabras nosas que ficaran no esquecemento durante os anos da fin da historia, e así volvemos escoitar falar da loita de clases, de marxismo, de explotación, de burguesía explotadora, de capitalismo parlamentario, de proletariado… ata que este novo movemento popular foi visto coma unha oportunidade para potenciar novas siglas.

Chegou logo o xogo electoral e con el o poder nos salóns e os discursos volveron perder contido. O réxime, coma ave Fenix, reinventábase con novas siglas, mover todo para volver ao mesmo sitio

E así apareceron partidos políticos que no seu discurso asumían o empoderamento da clase traballadora e derrubar o neoliberalismo do 78. Chegou logo o xogo electoral e con el o poder nos salóns e os discursos volveron perder contido. O réxime, coma ave Fenix, reinventábase con novas siglas, mover todo para volver ao mesmo sitio. O PP, axudado polos naranxitos, encargouse dos recortes e privatizacións que ditaban dende a troika ata que a súa corrupción interna estoupoulles na cara. Sabían que chegaría o momento e xa tiñan preparado a Pedro Sánchez para o relevo, un Pedro Sánchez ao que tiveron que explicarlle que o seu momento era outro cando quixo gobernar fóra do seu tempo, el non quería entendelo e por iso o mandaron ao cuarto de pensar durante uns meses. Logo prepararon a operación e volveu unxido en lider revolucionario despois da travesía do deserto. A maioría que agora ten xa a tiña hai dous anos, pero non foi porque o réxime non quería que fora, o PP tiña un papel que xogar, e unha vez feito o seu traballo agora lexitiman a súa democracia cun cambio de goberno no que presentan ao PSOE coma aire fresco mentres comeza a operación de lavado do PP. E a suposta esquerda rupturista xogando a consultas internas.

Non seremos nós os que dubidemos de que a caída do PP é un respiro, cando menos simbólico, pero iso é unha cousa, e outra ben distinta é darlle a máis mínima credibilidade ó novo Goberno do PSOE encabezado por Pedro Sánchez

Non seremos nós os que dubidemos de que a caída do PP é un respiro, cando menos simbólico, pero iso é unha cousa, e outra ben distinta é darlle a máis mínima credibilidade ó novo Goberno do PSOE encabezado por Pedro Sánchez. Unha vez máis na historia estamos diante dun lavado propio da democracia burguesa, un lavado de cara que ten todo do segundo e nada do primeiro. Como non podería ser doutra maneira a conformación do Goberno non é máis que unha operación cosmética. Máis alá da prepoderancia numerica de mulleres nos ministerios ou o fichaxe dun astronauta cunha clara intencionalidade sensacionalista. O que realmente é definitorio do mesmo son os Ministerios da área económica ou o de Interior e Asuntos Exteriores.

Colocar de Ministro do Interior a un xuíz reaccionario que foi paraugas da práctica da tortura nas comisarias, a unha Ministra de Economía que é saudada pola mismísima Troika ou a Señora Botín, ou a José Borrell ó fronte do Ministerio de Asuntos Exteriores, é todo un deseño e é toda unha confesión dos obxectivos do Goberno “progresista” de Pedro Sánchez.

dito deseño o que en realidade persigue, son o trazado de cortalumes ós verdadeiros problemas do Réxime do 78. O chamado “problema territorial”, eufemismo para denominar a opresión nacional no estado, o contencioso dos presos políticos bascos ou o mantemento das políticas neoliberais

É obvio que dito deseño o que en realidade persigue, son o trazado de cortalumes ós verdadeiros problemas do Réxime do 78. O chamado “problema territorial”, eufemismo para denominar a opresión nacional no estado, o contencioso dos presos políticos bascos ou o mantemento das políticas neoliberais que emanan da Europa do capital.

O repaso somero á orla ministerial deixa no ar as proclamas xa de por si ocas de contido do PSOE en canto á priorización das políticas sociais. A fenda salarial entre homes e mulleres, a calidade do emprego, o escravismo laboral, as pensións públicas, a exclusión social, as inmigrantes, etc. Vai derrogar as Reformas Laborais? Non. Van derrogar a Lei Mordaza? Evidentemente, non.

Desde a CUT non esperamos nada deste novo Goberno para ser claros. Nin a cautela, nin os cen días de confianza caben fronte a un Goberno do PSOE, no que o seu deseño ben podería ser abalado pola ultradereita española do Cs e o PP

Desde a CUT non esperamos nada deste novo Goberno para ser claros. Nin a cautela, nin os cen días de confianza caben fronte a un Goberno do PSOE, no que o seu deseño ben podería ser abalado pola ultradereita española do Cs e o PP. Ao sindicalismo de clase e nacional non nos queda outra que seguir coa folla de ruta da mobilización na lóxica da acumulación de forzas obreira e popular e na perspectiva estratéxica de acabar co Réxime do 78.