PORQUÉ TEMOS QUE IR Á FOLGA

93

 O ataque que padecemos e o que se nos ven enriba é de tan amplo espectro que, sen dúbida, nos afectará a todos/as.

  • Os primeiros en padecer os efectos foron os traballadores/as con contratos eventuais, estes de xeito case imperceptible (incluso para os sindicatos maioritarios) foron desaparecendo das empresas, unha lexislación permisiva xa facilitaba a contratación precaria.

  • A seguinte avalancha afectou a traballadores/as da Administración Pública (AP) e xubilados/as. Aos traballadores/as da AP Zapatero roubounos a carteira, cando nola devolveu notamos unha perda importante (o 5%). Aos xubilados/as procedeu a conxelarlles a pensión, está demostrado que unha existencia frugal alonga a vida.
  • Para qué se ía a ocupar o Goberno en facer unha reforma fiscal que obrigase a pagar máis aos que máis teñen, coa suba do IVE xa recadaban e así seguiamos pagando os mesmos (os traballadores/as).
  • Coa escusa de que o creto fluíse repartiron centos de miles de millóns nos bancos, que , rapidamente, se puxeron mans á obra e con eses cartos amañaron as súas contas de resultados (despois fixéronlles a proba do estres e, cos nosos cartos no peto, pasárona).
  • Privatizaron as caixas de aforro e habilitaron un fondo especial para liquidalas ben saneadas.
  • Posteriormente procederon a aprobar unha serie de normas que nos afectan, dun xeito ou outro, a todos/as:
    • Para, segundo dixeron, favorecer a contratación abarataron o despido individual e colectivo, a través dos denominados ERE. Abonda cunha simple previsión de perdas para acollerse a esta modalidade de despedimento. Este factor será decisivo para transformar postos de traballo fixos, con antigüidade… en postos eventuais e sen dereitos (isto é como quen apaga lume con gasolina).
    • A contratación indefinida que se lexisla equipárase á anterior denominada de fomento con indemnización menor, 33 días por ano pero, no caso de que o empresario queira despedir ao traballador/a a administración abonará 8 días, un chollo.
    • Establécese como causa legal de despedimento se o empregado/a falta o 20% da súa xornada hábil en dous meses consecutivos. Así aínda .que rompas un pé irás a traballar con el colgando, porque as baixas por enfermidade tamén computan.
    • Máis flexibilidade para as empresas. Todos os grupos apoiaron que se eleve dun mes a dous o prazo no que é obrigatorio cubrir a extinción de contratos fixos para as empresas que estean acollidas a bonificacións no pagamento de cotas á Seguridade Social pola contratación indefinida, isto mentres que aos traballadores en paro se lles reduce de 100 a 30 o período de opción a ocupar un posto de traballo ou asistencia a curso de formación.
    • Etc.
  • Quérese acabar coas políticas sociais. Así, cada día privatízanse máis servizos. E como xa van quedando poucos os que se privatizan nesta xeira son os esenciais: sanidade, educación, servizos sociais…. Da importancia deste feito decatarémonos cando teñamos que pagar por todo.
  • Agora, coa prepotencia habitual, queren tamén “tocarnos” as pensións, para ter dereito á xubilación todos/as teremos que traballar máis (até os 67 anos), e para facer o cálculo, nunha primeira fase, computaranse os 20 últimos anos (agora son 15) co que perderemos poder adquisitivo (arredor dun 3,6% menos que as pensións acutais). Nunha segunda fase prepárase o cómputo de toda a vida laboral.

Todas as xeracións loitaron por deixarlles aos que as precedían unha situación mellor á que eles viviron. Qué futuro lles deixamos ás xeracións futuras, aos nosos fillos e fillas?

Como vedes todas as medidas van dirixidas contra os traballadores/as, ningunha medida para sacar cartos aos máis ricos, nin ao capital especulativo, nin á igrexa, nin se afronta a redución dos gastos militares…

 Todas as políticas están deseñadas para que ti, eu, nosoutros paguemos a crise, tócanos, polo tanto, mover ficha, saír á rúa e demostrarlle aos poderes fácticos que si seguen por este camiño non será sen resposta.