Por uns salarios dignos en Pescados Marcelino

57

Ante o actual bloqueo da negociación do convenio colectivo de Pescados Marcelino pola parte empresarial, que ofrece unha suba de salarios do 0%, a CUT esixe á patronal que flexibilice a súa postura en aras de procurar un acordo e uns salarios dignos.

Non pode ser que en convenios estatais como o de elaborados ou o de conservas -sectores nos que compite a empresa- se acorde un 2% e 2,5 % de incremento salarial mentres que aquí, contando con convenio propio, se deixe ás traballadoras con salarios ínfimos.

A empresa Pescados Marcelino non cuestiona a suba das materias primas ou outros custos; porén, ás traballadoras que historicamente contan con baixos salarios e ás que lle afecta enormemente a inflación, ofrécelles unha suba salarial de 0 €. De non existir a última suba do SMI, moitas traballadoras estarían cobrando un salario aínda inferior.

Agardamos que a empresa reflexione e recapacite a súa postura para podérmonos sentar e chegar a un acordo para ter un convenio digno en Pescados Marcelino.