POR UNHA INVESTIGACIÓN PÚBLICA, LIBRE E DE CALIDADE

63

Estamos a asistir á morte da ciencia no conxunto do estado español. Os anos de desgoberno do PPSOE fan que na actualidade os investimentos en I+D+i estean a niveis de 2005.As cifras falan por si mesmas. No conxunto do estado, a redución en programas investigadores é dun 7,21 %, os gastos non financeiros redúcense un 13,71 % e no capítulo de subvencións a cifra aumenta ata 15, 54%. Este último dato é o mais arrepiante, xa que as universidades públicas (onde se produce o 60% da labor investigadora) financian os seus proxectos a través destas partidas directas e non por medio das liñas de crédito. Por outra banda, o Centro Superior de investigación Científicas (CSIC), non foi quen de convocar para 2013 unha soa bolsa investigadora. Os programas de doutoramento da Xunta de Galicia e do Ministerio de Educación e Cultura destinados a formar a novos docentes e investigadores reducíronse dun modo crucial.
O Ministerio, con nocturnidade e a data de 12 de novembro de 2012, decidiu sen argumentación eliminar 150 novos contratos con respecto á convocatoria inicial. A Xunta de Galicia recortou un 20 % a asignación, e así un longo etcétera.
Estes son soamente algúns dos dantescos datos que están a azoutar a ciencia galega. Temos a obriga de construír unha Galiza de futuro, sen bispos nin caciques, e non podemos permitir un novo proceso de exilio da ciencia galega. Temos o dereito de desenvolver o noso traballo na nosa terra!!!
O único modo de acadar os nosos obxectivos é polo medio da autoxestión e da loita social.
Por iso chamamos a investigadores e investigadoras, bolseiros e bolseiras, a sumarse á xornada de loita do próximo día 14.
O 14N A INVESTIGACIÓN PECHA POR FOLGA XERAL!!!!