Por unha CRTVG ao servizo do pobo: rescatemos a CRTVG!

57

A Central Unitaria de Traballadoras sumámonos unha vez máis á concentración deste xoves, 4 de maio, diante da sede da Xunta en Compostela para esixir unha CRTVG pública, plural e ao servizo da cidadanía e non de intereses partidistas.

Facémolo canda as traballadoras e compañeiras dos medios públicos galegos e tamén canda máis de 40 colectivos de diversa índole que cremos que outra CRTVG é posible.

Facer o desexo realidade é cuestión de vontade política e de mobilización de todas e cada unha de nós. Porque a televisión e radio públicas galegas son un ben esencial para recoñecérmonos como pobo e son de todas nós. Berremos ben alto e as veces que sexa preciso para lograr o cambio.

POR UNHA CRTVG AO SERVIZO DO POBO: RESCATEMOS A CRTVG! DEFENDE A GALEGA!