Por un sistema público galego de servizos de atención ás persoas

60

CIG, CUT e máis SNEP volvemos ás rúas para visibilizar a precaria situación que viven os servizos de atención ás persoas en Galiza. Levamos máis dun ano reivindicando condicións laborais dignas, ratios asumibles, maior dotación de recursos humanos e materiais, incremento de fondos públicos, aplicación inmediata das melloras salariais recollidas no XVI Convenio estatal… no sector infantil de 0 a 3 anos, no colectivo de menores e no de dependencia, reivindicacións ás que agora  se une o SAF.

O día 24 de setembro, ás 11 horas, estaremos diante da Consellería de Política Social en San Caetano, Compostela, para mostrar con contundencia a nosa precaria situación. Ás 11:30 h, no mesmo lugar, daremos unha rolda de prensa na que trasladaremos as nosas reivindicacións e o calendario das vindeiras mobilizacións.