Por un entorno laboral seguro en Vertisol

132

As traballadoras de Vertisol concentráronse este 24 de xullo ás portas das instalacións da fábrica no polígono de Mirallos, en Moraña.

O persoal reclama un entorno laboral máis seguro, onde se priorice a prevención e se minimicen os riscos aos que se expoñen a diario.

O lamentable accidente da semana pasada, que desgraciadamente ven sumarse a outros ocorridos no último semestre, fixo que se tomara a decisión de darlle visibilidade pública á situación, e reclamar ao mesmo tempo que se produzaa un cambio no que consideran prioritario: a saúde laboral. Queren transmitir tamén a súa solidariedade e apoio á compañeira afectada, desexándolle unha recuperación o mellor posible dentro da gravidade do sucedido.

Non é o primeiro accidente que ocorre nin inevitablemente será o derradeiro, denuncian, pero si podemos reducir a súa probabilidade e consecuencias se se toman medidas ao respecto.

Dende a CUT lembramos que a loita pola mellora das nosas condicións laborais abrangue non só os aspectos económicos senón tamén, e especialmente, os que afectan á nosa saúde, seguridade e benestar, tanto no presente como no futuro.