A CUT observa con simpatía o proceso de acumulación de forzas no agro galego a prol da supervivencia do sector lácteo, que empezará a roldar na manifestación nacional convocada para o vindeiro venres 17 de xullo ás 12 horas dende a explanada de Salgueiriños, na cidade de Compostela. Por iso mesmo chamamos ás traballadoras e traballadores a participar activa e solidarimente desta convocatoria.Neste sentido, o documento presentado polas organizacións agrarias titulado “Propostas para a supervivencia do sector lácteo galego” vén transformarse nunha achega de obrigada obediencia para garantir non só o futuro e a estabilidade da produción e da vida no ámbito rural galego, senón que tamén se converte nunha das bandeiras esenciais á hora de establecer as tan necesarias pautas mínimas de defensa do noso País.Nun contexto de cegueira extrema no que o mandato dos poderes fácticos é o de apretar aínda máis a corda que esgaza a nosa economía e o noso tecido produtivo, a unidade popular seguirá sendo a resposta.