“Esta é a historia dun home que cae dun piso 50. Mentres vai caendo repítese sen cesar para tranquilizarse “Ata agora todo vai ben, ata agora todo vai ben … ata agora todo vai ben…”
Pero o importante non é a caída, senón a aterraxe
No Grupo PSA, as persoas traballadoras levamos anos caendo, anos de perda de dereitos, de salarios, e da saúde.
Igual que o home levamos anos dicindo ata agora todo vai ben, ata agora todo vai ben, ou mellor dito, levamos anos resignados e dicindo “non hai nada que facer”.
Na CUT cremos que non podemos seguir agardando a aterraxe. Non podemos seguir cedendo ao chantaxe, chámese redución de costes, Mangualde, Kenitra, Trnava, K9, P24, etc…
É o momento de pasar do papel, a facer un sindicalismo combativo e real:
- Pola saúde: Recoñecemento das enfermidades profesionais, recuperación de postos externalizados para os/as limitados/as, un deseño de postos que teña en conta a ergonomía e a adaptación do posto ao traballador/a. En definitiva, unha política preventiva encamiñada a coidar da nosa saúde e non para xustificar a política produtiva da Dirección.
- Polas cargas de traballo: Rematar cos postos irrealizables e vehículos que superan o tempo ciclo. A situación na M2 é insostible, pero antes o foi na M1 o problema da fábrica non se localiza nun so taller ou Sistema, non podemos dividir as loitas
- Polos salarios: Recuperación do perdido no ano 2014, incluída a desaparición do salario de entrada para os eventuais. Os beneficios do GRUPO teñen que repercutir no salario das persoas traballadoras.
- Polos contratos: Redución do tipo de contratos, novacións por antigüidade e desaparición da cláusula de variabilidade.
- Polos horarios: Rematar coa flexibilidade total nos horarios e nos preavisos que penalizan a conciliación da vida familiar e laboral, así coma as desigualdades nos salarios das persoas traballadoras a tempo parcial.
En definitiva é o momento de loitar polo FUTURO, por un futuro laboral e persoal. Sen siglas, aglutinando reivindicacións, e cun obxectivo común, A RECUPERACIÓN DE DEREITOS.
SEN SAÚDE NIN DEREITOS NON TEMOS FUTURO ¡¡PARTICIPA!!
CONCENTRACIÓN dende as 13h as 14:15h
MANIFESTACIÓN dende as 14:15h as 15h
Venres 26 de abril de 2019 portaría principal