Pola fin da precariedade na protección de menores

92

As traballadoras do servizo de Protección e Reforma de menores concentráronse este martes diante da delegación da Xunta de Galicia en Vigo para reclamar un convenio galego que acabe coa precariedade neste sector: salarios irrisorios, ratios de persoal que implican unha sobrecarga descomunal para poder cumprir o servizo, dispoñibilidade durante todos os días e horas do ano, dificultades na conciliación familiar, carga emocional e estrés como medio de vida, escaseza de medios…

“Os menores teñen dereito a recibir unha atención socioeducativa digna, de calidade e por profesionais formados. Porén, afrontamos condicións precarias e unha falta de recoñecemento que non está equiparada coa importancia do noso traballo.·

As traballadoras destacan a importancia desta función social, porque os menores vulnerables precisan dunha atención adecuada con recursos suficientes que non poden depender de presupostos axustados sempre á baixa. “Desempeñamos un papel fundamental na protección e benestar dos menores, dedicando o noso tempo e esforzo cunha vocación xenuína por brindarlles un futuro mellor. Os menores teñen dereito a recibir unha atención socioeducativa digna, de calidade e por profesionais formados. Porén, afrontamos condicións precarias e unha falta de recoñecemento que non está equiparada coa importancia do noso traballo.”

A responsabilidade das institucións públicas e das patronais do sector é recoñecer a súa labor, garantir unhas condicións óptimas e dignas de traballo para que as traballadoras poidan coidar e non improvisar pola falla de recursos.

“Reclamamos da Xunta e da Patronal que apliquen a suba económica por igual a todo o mundo eliminando a discriminación que recolle o artigo 65 de xeito inmediato. Asímesmo defendemos a creación dun CONVENIO GALEGO para que as nosas condicións sexan acordes coas necesidades”

O V Convenio Colectivo Estatal de Reforma Xuvenil e Protección de Menores non recolle as súas necesidades, mesmo as empeora ao establecer persoas traballadoras de primeira e segunda. Reclamamos da Xunta e da Patronal que apliquen a suba económica por igual a todo o mundo eliminando a discriminación que recolle o artigo 65 de xeito inmediato. Asímesmo defendemos a creación dun CONVENIO GALEGO para que as condicións laborais sexan acordes coas necesidades, un convenio que teña a súa correspondencia cos orzamentos da Xunta de Galicia. En común temos os dereitos. En común temos a precariedade das condicións. En común temos a loita. CONCENTRACIÓN POLA DIGNIDADE DO NOSO TRABALLO!!

_DSC5044
previous arrow
next arrow
Shadow