As traballadoras dos sectores privados de atención a menores, discapacidade e infantil 0-3 concluíron hoxe o seu “camiño reivindicativo” co que durante tres días levaron as súas protestas dende Arzúa ata Compostela.

Logo da caravana de coches reivindicativa das dúas primeiras etapas (Arzúa-Arca e Arca-Monte do Gonzo), hoxe percorreron a pé o treito dende o Monte do Gozo ata o edificio administrativo da Xunta en San Caetano.

Alí volveron lembrarlle á responsable de Política Social as súas demandas para garantir unha atención de calidade ás nenas e menos e unha condicións laborais dignas para as traballadoras.

Os sindicatos convocantes (CUT, CIG e SNEP) reclaman a negociación destas melloras no marco dun convenio galego que dea solución ás eivas existentes nestes sectores no noso país.












