Desde o grupo de ensino da Central Unitaria de Traballadoras e Traballadores chamamos a secundar a folga xeral contra a LOMCE o vindeiro xoves 9 de Maio.
Toda a comunidade educativa está chamada á folga o día 9 de maio. Aos ataques continuos que vén sufrindo a educación pública en forma de recortes orzamentarios e laborais, o ministro Wert mantén inalterable a súa contrarreforma educativa, a LOMCE, malia ter na súa contra a profesionais, estudantes, familias e agora tamén o ditame emitido polo Consello de Estado.Máis alá da poda da cousa pública que sufrimos a xente do común nesta vaga neoliberal, a LOMCE é un anteproxecto que se vertebra ideoloxicamente no nacionalcatolicismo que se ocupou da educación por moitos e escuros anos.Acollen as súas páxinas unha educación segregadora e elitista que non garante a igualdade de oportunidades, e que trata as persoas como mercadoría para reproducir o inxusto modelo económico dentro da escola.Cambian os dereitos civís polo adoutrinamento relixioso, a autonomía dos centros polo poder vertical das direccións e a inspección educativa.Ataca as competencias das CCAA nun xiro recentralizador do curriculum, especialmente belixerante con Galicia e as demais nacións do estado con lingua de seu.Non podemos calar. Seguimos na loita contra a LOMCE, estudantes, profesorado, todos e todas: Educación Pública de calidade, galega, e laica ou Barbarie.Adiante coa folga no ensino o 9 de maio.