Piquete volve parar Pescanova coa mirada na mobilización do 21M

152

Unha vez máis a patronal Nueva Pescanova volveu tentar lesionar e deixar sen efecto a folga organizando unha ofensiva de sobreprodución para a xornada de hoxe (sábado 18), diante do que o piquete tivo que responder presentándose outra volta ás portas da empresa.

As compañeiras dos centros de Porriño e Chapela, dende a dignidade e a loita conxunta, foron quen de frear novamente as intencións de Pescanova. Todo isto coa mirada posta na nova xornada de folga do martes 21 de marzo, na que tamén se está a organizar unha mobilización que dende a Vía Norte (Vigo) partirá ás 10 horas en solidariedade coas folguistas baixo a lenda “non ao escravismo”: