Petit comite 23 f

98

Producción Marzo: Como novidades o mércores 23/04 no S2 volve a declararse laborable. No S1 sábado 2 e domingo 3 de abril como laborables. A quenda de noite reduce unha hora diaria. Información mais detallada dos horarios cutcitroen.org. Achacan a imposibilidade do provedor das pantallas de capacidade produtiva.

Ueps: Para aproveitar espazo van modificar as ueps no desenrolo do kitting , poñéndoas ao borde de liña como fai 15 anos. Sistema piloto en UEP 59, taquillas, neveira, mesa e sillas mais próximas ao lugar de traballo, lavamans e microondas nos lugares do vending. Paneis informativos da uep ao borde de linea, Tv para charlas e briefings mensuais, de pe.

Asuntos Varios: Novo proceso negociador dende o luns 29, para favorecer a flexibilidade a alza. E posibilidade de ERE extintivo para os traballadores de taller. Anunciaron tamen que para facilitar o ambiente sindical a empresa retirou o mesmo día da celebración do xuizo a demanda conta a CUT e a CIG pola folga de novembro.

Análise da CUT: Fai tres meses o 86,8% da representación sindical asinou o convenio colectivo para os vindeiros 4 anos. A negativa da empresa de negociar os documentos que caducaban paralelos ao convenio …