Pescanova, Asemblea decisiva o sábado 4 en Redondela

221

Despois de 9 meses de negociación, a empresa mantén a súa proposta de recortes encol da mesa. A unidade sindical conformada pola CIG, UGT, USO e CUT, rexeitou claramente a flexibilidade e a categoría de entrada inferior; non seremos nós quen facilite que no futuro se traballe máis tempo no mesmo posto e por menos cartos.

Dende o comezo das negociacións tivemos claro que a paz social garantida durante estes catro anos de conxelación, mentres a patronal tapaba os buracos que eles mesmos causaron na súa incompetente xestión, tiña un prezo que agora queremos cobrar.

A patronal entendeu estes catro anos coma unha claudicación pola nosa parte, pensaban que agora poderían continuar non só conxelando, senón tamén recortando; pero dixemos

NON, e desta vez non lles valerán os lacaios de Comisións para garantir a desfeita, porque desta vez a maioría sindical é de clase.

O vindeiro sábado día 4 celebrarase asemblea no multiusos de Redondela onde a plantilla de traballadoras decidirá as medidas de presión, e sabemos que a folga está en perspectiva. Será pois o cadro de traballadoras quen decida e non uns liberados sindicais reunidos sobre a moqueta do seu despacho.

PESCANOVA, A LOITA COMEZOU E CONTINÚA!!!