Este pasado sábado centos de persoas acudiron á chamada da CUT a manifestarse en contra do sistema de acceso ás OPE de ensino.
Entre berros contra a precariedade e a temporalidade e a favor da dignidade do persoal temporal, decorreron polas rúas de Compostela para mostrar unha vez máis a súa repulsa ao ERE encuberto no ensino.
O profesorado temporal segue e seguirá en loita, xuntas temos a forza!