Perpetúase o secuestro dos medios públicos cos votos en contra da ILP Liberemos A Galega

48
Screenshot

Asistimos esta mañá no Parlamento galego á consumación do enésimo ataque aos medios públicos de Galicia. O PP, facendo uso da súa maioría, poñía fin á tramitación parlamentaria Iniciativa Lexislativa Popular “Liberemos A Galega”, onde máis de 40 colectivos de diversa índole propoñiamos un novo texto lexislativo que promocionase e defendese un futuro da radio e televisión galega fieis aos seus principios fundacionais.

A xornalista Tareixa Navaza, voceira da plataforma Por Unha CRTVG ao servizo do pobo -promotora da ILP- foi a encargada de defender o texto lexislativo e acusou ao goberno de destruír coma un bulldozer os medios públicos do país.

“Dende a CUT lamentamos o enroque do PP facendo oídos xordos ás peticións das case 24.000 galegas que asinaron a ILP  para seguir mantendo o control e desmantelamento na radio e televisión galegas”

Traballadoras da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), a antiga CRTVG, e representantes dos colectivos integrantes da plataforma concentrámonos ás portas do Pazo do Hórreo para denunciar o secuestro dos medios públicos galegos e reclamar unha radio e televisión ao servizo do pobo.

Dende a CUT lamentamos o enroque do PP facendo oídos xordos ás peticións das case 24.000 galegas que asinaron a ILP  para seguir mantendo o control e desmantelamento na radio e televisión galegas ao tempo que celebramos a unión e forza da sociedade para seguir defendendo un servizo esencial.

Seguiremos loitando por unha radio e televisión públicas de calidade das que sentírmonos orgullosas e nas que nos sintamos representadas.

Por unha CRTVG ao servizo do pobo!

Liberemos A Galega!