Hillary Clinton, nunha intervención en sede parlamentar pouco celebrada recoñecía que “A xente que hoxe combatemos creámola nós.. vinte anos atrás. E fixémolo porque andabamos enleados nunha loita contra a Unión Soviética, que invadira Afganistán, e non queríamos vela co control de Asia Central. E puxémonos mans á obra. E foi Reagan […] quen dixo
O que H. Clinton agocha é que esa financiación xamais cesou. Xaora polos USA, xaora pola Mosad e o MIG 16 ou os servizos secretos franceses. Ese monstro que hoxe engole París, Beirut, Palestina, Kenia, Exipto ou o Kurdistán. Ese monstro que se alimenta da conxura de intereses propios e de armamento e sostemento norteño. Mais sobre todo un monstro que medra sobre as ruínas da intervención imperialista en Irak, Libia, Afganistán, Sudán, Chad, Siria, Iemen, Paletina, etc. que provocou nos útimos quince anos máis dun millón de asasinatos, vinte millóns de desprazamentos e máis de dez millóns de persoas refuxiadas.A clase traballadora galega ten que opoñerse sempre e en calquera lugar á guerra. Máis aínda se no horizonte está a rapiña, a ocupación, a escravitude, o somentemento e a usurpación de enchaves de valor xeoestratéxico. Cando se fala da barbarie non caben medias verdades: os verdadeiros culpables móvense polos sumidoiros dos estados capitalistas. Fronte ás organizacións que masacran en chaves psicopáticas, en nome de calquera causa divina, está o dedo das potencias de norteamérica e centroeuropa que sinalan, escriben os plans de execución e organizan o repertorio internacional de mortes que deben servir aos seus intereses baixo a súa causa, tamén fanática, dunha entrega sen matices ao global Deus do diñeiro.Desde a CUT chamamos a todas as forzas do sindicalismo de clase, da esquerda real, dos movementos sociais a profundizar na unidade e na posición inequívoca fronte á guerra imperialista, evitando caer no engado da propaganda imperial, cínica; evitando a trampa do dobre raseiro onde as mortes han valer máis ou menos. Non se trata da pertenza a esta ou aqueloutra relixión ou confesión. Trátase do impune servizo ás forzas vivas do Capital, dispostas a tomar o mundo cos dentes. Custe o que custe.