Paramos para parar o xenocidio

524

Durante a xornada deste 15 de outubro as rúas foron negras, brancas, verdes e vermellas. Unha vez máis, o pobo traballador galego mostrou a súa indignación ante o xenocidio do que estamos a ser testemuñas; non nos puxemos de perfil nin xogamos á equidistancia.

Non imos caer no farsante debate do seguimento da folga cando sabemos que a patronal e outras centrais sindicais xogaron a desmobilizala para reforzar a súa posición de “parar un pouquiño nada máis”. Hoxe o éxito non o marcan as cifras de seguimento da folga; o éxito márcao a bandeira palestina, e unicamente esta, nas rúas galegas.

Dende a CUT parabenizamos a todos os homes, as todas as mulleres e á concienciada mocidade á que tanto se critica, por manter a dignidade da clase traballadora galega. Hoxe, calquera que se considere internacionalista, non pode sentir máis que orgullo ao portar a bandeira palestina, a única que nestes días nos representa.

Tocará seguir berrando para que acabe dunha vez a barbarie e haxa un estado palestino libre e reconstruído. Non hai paz, hai unha farsa e unha Palestina masacrada.

Paremos o xenocidio!! Palestina libre!!

IMG-20251016-WA0046
previous arrow
next arrow
Shadow