Parabéns da CUT ao goberno cubano

97

O Secretariado Nacional da CUT acordou dirixirse ao Consulado Xeral da República de Cuba en Galicia para facerlle chegar os nosos parabéns polo nomeamento do compañeiro Miguel Díaz-Canel Bermúdez como novo Presidente desa nación irmá.

Dende a CUT desexamos e agardamos que este acontecemento histórico na Revolución cubana veña a significar o afortalamento do voso proceso exemplar para os traballadores e traballadoras, así como para todos os pobos do Mundo. Sendo conscientes e sabedores dos retos que teredes que enfrontar, comezando polo relato fabricado polos inimigos do pobo cubano.

Desde a Central Unitaria de Traballadores/as de Galicia reiteramos os nosos parabéns ao Goberno de Cuba, facendoo extensivo a todos aqueles factores políticos revolucionarios: á CTC, ós CDR, á UJC, á FMC e ao Partido Comunista de Cuba.

En Galicia, a 19 de abril de 2018