Paloma readmitida. INSA condenada por vulneración dos seus dereitos sindicais

99

No mes de febreiro concentrámonos pola readmisión da compañeira Paloma, traballadora da empresa INSA Ingeniería de Software Avanzado. Cando no mes de novembro de 2015 a CUT creaba e lle comunicaba á empresa a súa Sección Sindical a resposta anormal da mercantil foi cambiar a negociación polo silencio e despedir fulminantemente á compañeira afiliada, debido á súa situación de maior febleza ao estar contratada en prácticas. Na tarde de onte o Xulgado do Social n°3 de Ourense viña de declarar nulo o seu despedimento, condenando á empresa á súa inmediata readmisión e ao pagamento de 6.251€ en concepto de indemnización por vulnerar o seu dereito á liberdade sindical e a súa garantía de indemnidade. Entre os feitos probados da sentenza atópanse ameazas ao persoal como afirmacións de que coa Sección “se lle cortaran as alas na empresa”.Unha vitoria que é de todas. Benvida outra vez Paloma!!!