A compañía (tecno)fascista Palantir que auxilia ao Pentágono deslindando obxectivos militares en Teherán e á Mossad nas matanzas civís en Gaza vén de publicar a súa folla programática baixo o título «A república tecnolóxica». A publicación é un manifesto contra a democracia formal burguesa como forma política de goberno neoliberal que nos debe poñer en garda polo poder tecnolóxico-militar que a difunde; ao ser ademáis unha declaración en favor do goberno da tecnoloxía sobre a vida das clases populares co uso mecanismos de vixilancia masiva (predictive policing); contra o pluralismo e en favor do «poder duro».
Como Central Sindical resúltanos preocupante que se estea a tomar ao capitalismo dos tecnobros (Musk, Bezos, Karp, Thiel) como unha cuestión anecdótica polo seu ton histriónico, ao punto de predominar unha convicción social sobre que a súa cosmovisión é mera improvisación ou discursos narcisistas e disrruptivos sen transcendencia ningunha. Sen embargo, non están tolos.
Actualmente o neoliberalismo exprésase de dúas maneiras en conflito: a burguesía financeira e corporativa (os yuppies ianquis, a oligarquía española cos Juan Roigs e Florentino Pérez ou as súas versións galaicas como o clan Ortega, Juan Carlos Escotet ou Raúl López) e o neoliberalismo tecno-plataformista. Se ben – malia as aparencias – ambos dependen dos recursos públicos para sobreviviren, o capitalismo plataformista trae ao s.XXI un proxecto global fascista que a propia oligarquía pensaba superado.
“Alex Karp, director executivo de Palantir – cuxa existencia sería impensábel sen os investimentos da CIA a través da filial In-Q-Tel – ten clara esta función política: «está aquí para alterar a orde existente… e, cando sexa necesario, para asustar os inimigos [de Occidente e de EEUU] e, nalgunha ocasión, matalos». “
O capitalismo plataformista involucrouse na creación de armas de guerra masiva contra a sociedade civil. Alex Karp, director executivo de Palantir – cuxa existencia sería impensábel sen os investimentos da CIA a través da filial In-Q-Tel – ten clara esta función política: «está aquí para alterar a orde existente… e, cando sexa necesario, para asustar os inimigos [de Occidente e de EEUU] e, nalgunha ocasión, matalos». Formulación extremadamente perigosa tendo en conta que se proclaman «a primeira compañía completamente anti?woke» e que entenden como tal á oposición ao poder tecnolóxico-militar do tecnofascismo.
“A tecnolóxica de Peter Thiel e Alex Karp contratou co Ministerio de Defensa español por máis de 20 millóns de euros no ano 2023 o servizo de xeración dunha malla de intelixencia, co programa Gotham, que permite crear perfís detallados da sociedade civil a través do mapeo das redes sociais, os movementos persoais e as relacións entre individuos.”
A tecnolóxica de Peter Thiel e Alex Karp contratou co Ministerio de Defensa español por máis de 20 millóns de euros no ano 2023 o servizo de xeración dunha malla de intelixencia, co programa Gotham, que permite crear perfís detallados da sociedade civil a través do mapeo das redes sociais, os movementos persoais e as relacións entre individuos. Trátase do mesmo sistema que se utilizou para automatizar a política de deportacións do ICE en Minneapolis. A forza motriz destas corporacións é xestión masiva dos nosos datos persoais (big data) que as usuarias de redes sociais cedemos de balde.
Palantir configúrase na actualidade, no sentido marxiano, como un dos grandes criminais que «rompe a monotonía e a seguridade cotiá da vida burguesa». O Secretariado Político da CUT considera que cómpre iniciar unha reflexión social sobre a implosión do poder tecnolóxico-militar tecnofascista baseado no acúmulo masivo de datos, nutrido pola inmediatez que a Intelixencia Artificial lle outorga para colonizar as nosas vidas.
Secretariado Político da CUT












