Cada ano ante as adxudicacións de destino provisional atopamos a mesma casuística: prazas que figuran no catálogo como profesorado especialista de francés e inglés son adxudicadas a docentes doutras especialidades de primaria sen perfil en dita especialidade ou intercambiadas por elas. O catálogo é a provisión de postos de traballo de cada colexio e non pode ser alterado e incumprido cada ano pola Consellería de Educación.
Atopamos diversos mestres en prazas lingüísticas sen a formación requerida ou ben prazas suprimidas a favor de especialidades distintas ás establecidas nesa relación de postos de traballo, aproveitando o descoñecemento deta situación das ANPAS á que lle damos voz dende a CUT, procedendo ao rexistro de reclamación ante a Xunta de Galicia no día de hoxe.
O goberno de Rueda continúa sen tomar en serio o ensino público galego, sen oposición ás súas actuacións e denigrando a calidade do ensino que reciben as nosas crianzas. Non podemos tolerar esta manipulación dos especialistas nos que depositamos a formación das futuras xeracións de galegas e galegos. Ao goberno non lle preocupa nada a calidade e oculta esta información ás familias que se atopan coa sorpresa iniciado o curso.
Dende o colectivo de mestras de francés comunican que 31 prazas de francés foron “suprimidas” dos seguintes centros para establecer no seu lugar un docente doutra materia:
VACANTES DO CATÁLOGO DE FRANCÉS QUE SE CAMBIAN POR OUTRA ESPECIALIDADE
CENTRO E CONCELLO
- CEIP Praia Xardín Boiro
- CEIP Plurilingüe de Gándara-Sofán Carballo
- CEIP Manuel Fraga Iribarne Cariño
- CEIP Nicolás del Río Cedeira
- CEIP Canosa-Rus Coristanco
- CPI A Xunqueira Fene
- CEIP Plurilingüe de Centieiras Fene
- CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira Ferrol
- CPI Plurilingüe Virxe da Cela Monfero
- CEIP dos Muíños Muxía
- CEIP San Isidro Neda
- CEIP Eduardo Pondal Ponteceso
- CPI de Atios Valdoviño
- CPI de Zas Zas
- CEIP O Salvador A Pastoriza
- CEIP Juan Rey Lourenzá
- CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán Xove
- CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo O Carballiño
- EPAPU de Ourense Ourense
- CEIP Plurilingüe Amadeo Rodriguez Barros Ourense
- CEIP Plurilingüe As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo A Guarda
- CEIP da Torre-Illa A Illa de Arousa
- CEIP de Belesar Baiona
- CEIP Plurilingüe de San Roque de Darbo Cangas
- CEIP Plurilingüe Domaio Moaña
- CEIP Plurilingüe Antonio Palacios O Porriño
- CPI Manuel Suárez Marquier O Rosal
- CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro Redondela
- CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda Redondela
- CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán Tomiño
- CEIP Plurilingüe de Vilaxoán Vilagarcía de Arousa
PRAZAS PARA IMPARTIR FRANCÉS PARA O CURSO 23/24 ASIGNADAS A MESTRES SEN TITULACIÓN EN FRANCÉS
COLEXIO E CONCELLO
- CEIP Plurilingüe Santa María As Pontes de García Rodríguez
- CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro Cerceda
- CEIP Heroínas de Sálvora Ribeira
- CEIP Plurilingüede Frións Ribeira
- CEIP Labarta Pose Zas
- CEP Antonio Magariños Pastoriza Cambados
- CEIP Plurilingüedo Castrillón-Coiro Cang
- CEIP da Laxe Marín
- CEIP Plurilingüede Tirán Moaña
- CEIP Mestre Manuel García Oia
- CEIP Plurilingüe de Conmeniño O Grove
- CEIP Rosalía de Castro O Grove
- CEIP de Parada-Campañó Pontevedra
- CEP Marcos da Portela Pontevedra
- CEIP de Marcón Pontevedra
- CPI Domingo Fontán Portas
- CEIP de Laredo Redondela
- CEP Carlos Casares Salvaterra do Miño
- CEIP Plurilingüe da Carrasqueira Vigo
- CEP Celso Emilio Ferreiro Vigo
- CEIP Plurilingüe Xulio Camba Vilanova de ArousaCPI Ponte Carreira Frades