Na mañá de hoxe compañeiras da CUT estiveron na porta do IES Blanco Amor de Ourense para reclamar un sistema de acceso transparente.
Na faixa podíanse ler algunha das eivas que lastran os procesos de inseguridades e de ausencia de garantías para todas: a inxustificada e anómala falta de anonimato na primeira proba teórica, o predeseño da parte práctica coñecida antes do exame por uns poucos e a imposibilidade da petición de revisión dunhas probas con exixencias en forma de rúbrica descoñecidas pola grande maioría das opositoras.
Dende a CUT levamos 5 anos denunciando a falta de transparencia existente neste tipo de procesos e, a pesar da desestimación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ante a demanda presentada pola CUT, non deixaremos de loitar pola impecable celebración dos mesmos en termos de obxectividade, algo que non permiten as bases actuais.