Outra volta, cutgaliza.org, a túa información sindical

50

Despois dun tempo con problemas técnicos, sen podermos facilitar a nosa información sindical, recuperamos o boletín informativo da CUT na Internet, agora no novo enderezo www.cutgaliza.org, onde outra volta poderedes atopar toda a información relacionada coa Central Unitaria de Traballadores/as e diversos conflitos de corte sindical e sociopolítico.Convidámosvos a acompañar daquela as diferentes novas nun tempo no que a comunicación e o fluxo informativo entre todas as obreiras e obreiros é unha necesidade imperiosa. Benvidas e benvidos!