Poucas veces vemos tan claro os froitos da mobilización. Se hai máis dun ano nos mobilizabamos contra dous despedimentos nos Burger King de Compostela, hoxe certificouse o camiño do avance para as traballadoras e traballadores desta multinacional. O local do Centro Comercial das Cancelas celebrou eleccións sindicais esta mañá nas que resultou eleita unha delegada da CUT, con 13 votos, fronte aos 8 votos que obtivo o encargado xeral e xerente que se presentaba tamén a representante sindical.Con esta vitoria, os dous establecementos abertos desta cadea en Compostela teñen representación sindical da CUT, cun programa de recuperación dos dereitos laborais e do terreo perdido. Esta éxito servirá para comezar un camiño parello ao outro centro, no que xa se aplica na súa integridade o Convenio Colectivo, se pagan complementos até o daquela inexistentes como a nocturnidade e se está a confeccionar un calendario anual de traballo, con quendas e xornadas estipuladas.Non hai superficie, por moi grande que sexa, que se resista á unión do Traballo. Unidas vencemos e unidas avanzamos.