Outra vez, e xa van tres, a patronal do sector de seguridade privada aproveitando a subida de impostos do PP en cuestións como os pluses de transporte e vestiario pretenden una rebaixa nas condicións laborais sen precedentes, chegando a propoñer sen ningún rubor a conxelación salarial para os próximos tres anos.
Imos a facer unha síntese do feito por estes atracadores a man armada dos seus traballadores1º) Asínase un convenio xa de por si cativo que se publica no B.O.E (asinan como sempre UGT e USO coa acostumada bolsa de liberados que se levan en cada convenio) cunha subida salarial do 4,5% aproximadamente2º) Un ano despois a patronal. baseándose na crise e no impago das institucións estatais, volve convocar os sindicatos para renegociar o xa aplicado, con ameaza de baixada salarial se non se renegociaba o convenio,o resultado foi unha baixada salarial de 2’5% para cada traballador (esta vez asinaron UGT,USO e acompañoulles CC-OO)3º) A fachenda e avaricia destes explotadores non ten límites, seguen coa escusa da crise e levan o convenio a un laudo arbitral co que acordan subas salariais do 0,50% ate o 1,5% no terceiro ano de convenio (e todos os sindicatos agás a CIG prefiren asinalo en vez de pelexar por que se mantivera o acordado no primeiro convenio, firmado e publicado no B.O.E).4º) Agora, e coa desculpa da subida de impostos do PP, pretenden volver a xuntar a mesa de negociación e baixar aínda mais as nosas condicións laborais. como dixemos antes. sen a mais mínima vergoñaE para que se vexa a avaricia destes paxaros, temos que engadir -porque elas mesmas fixeron públicas as súas contas- que a facturación das empresas de seguridade estaba o ano pasado por riba dos 8.000 millóns de Euros, non o dicimos nós, pódese consultar nas hemerotecas.Esta vez, polo menos, a algún sindicato debeu caerlle a cara de vergonza e levantouse da mesa de negociación. Pero, aínda así, o ataque da patronal para aumentar a súa taxa de beneficios non tardou moito en aparecer denovo.Prosegur ,Securitas e mais Segur Iberica, as tres empresas máis grandes do sector e as que se levan case o 80% da facturación, comunican aos seus traballadores a súa intención de iniciar procesos de despedimentos colectivos, e a súa renuncia unilateral ao pacto no convenio colectivo, coa conseguinte baixa das retribucións, nos mellores casos, e nos peores o paro.Ante tal agresión os poucos dereitos que nos quedan como traballadores só nos resta a mobilización permanente, a resposta na rúa e a confrontación ca patronalDesde de a CUT facemos unha chamada a todos os sindicatos presentes no sector para facer unha fronte común por riba da siglas para o combate pola nosa dignidade como clase obreira e agredida polo capitalismo galopante da Mafia Patronal da Seguridade Privada.u