Os traballadores en folga denuncian no xulgado a Urbaser Redondela

107

Os traballadores de URBASER S.A. Redondela seguen, a día de hoxe, na súa loita por un convenio digno. O exercicio do dereito a folga (dereito fundamental) está sendo obstaculizado dende a dirección da empresa coa complicidade, ou cando menos permisividade, do Concello de Redondela. A CUT ven de denunciar está situación esperpéntica diante dos Xulgado do Social en Vigo. Dende a serenidade demandamos a URBASER que cambie a súa actitude irracional e deixe cumprir os servizos mínimos aos traballadores designados, lle demandamos que recapacite e dea os pasos oportunos para desbloquear unha negociación á que sempre estiveron abertos os traballadores do servizo de recollida, e pola que esperan dende hai un mes.A folga iniciouse o pasado domingo día 28 de novembro, e dende entón vanse sucedendo as ilegalidades por parte de URBASER. Horas antes de dar comezo a folga, a empresa fixo efectivo un peche patronal ilegal non permitindo sair aos traballadores a cumprir coas súas funcións. A mesma hora do inicio da folga, 0:00 horas, intentou dar sair a un camión de recollida utilizando un traballor que non desenvolve esta labor habitualmente e aludindo a uns servizos mínimos establecidos pola propia empresa sen ter en consideración aqueles que foron legalmente establecidos polo Comité de Folga, e en ningún momento impugnados por Concello ou Empresa. Ao mesmo tempo impide diariamento a saída dos compañeiros designados polo Comité de Folga para exercer eses servizos mínimos alegando que son os da empresa, e cos traballadores que eles digan, os que hai que cumprir. A actitude prepotente de URBASER ten coma única finalidade non respectar o dereito fundumental á folga impoñéndolle aos traballadores un horario laboral e un servizo encuberto de recollida normalizada. As últimas medidas tomadas pola empresa, na noite de mércores 31 de outubro, foron na liña de utlizar esquirois para cumprir co servizo de recollida habitual (dando un paso máis na súa postura totalitaria e pechando as portas á negociación), e acudindo as forzas públicas de seguridade para intentar impoñer o seu criterio. A CUT DEMANDA E RECLAMA:

  • RESPECTO DO DEREITO FUNDAMENTAL Á FOLGA
  • CUMPRIMENTO DOS SERVIZOS MÍNIMOS ESTABLECIDOS LEGALMENTE
  • RESPECTO AOS/AS CIDADANS DE REDONDELA QUE ESTÁN A SER PISADOS POR URBASER
  • CORDURA E VONTADE NEGOCIADORA POR PARTE DA EMPRESA