Os traballadores de URBASER – Compostela marchan pola negociación do Convenio

74

Arredor de 80 traballadores do servizo de limpeza urbana de Compostela, pertencentes á empresa URBASER, marcharon esta mañá dende Xoan XXIII até o Concello, para reclamar a negociación do Convenio Colectivo. A marcha, convocada polos propios traballadores en asembleas celebradas o pasado venres, tiña por obxecto chamar a atención do Concello, adxudicador da concesión da limpeza, ante os desplantes da empresa URBASER na negociación, xa que durante todo o pasado ano negouse a valorar ningún dos puntos da plataforma negociadora unitaria, defendida polos tres sindicatos presentes no Comité de Empresa, CUT, CIG e CCOO, e avalada polos propios traballadores en asemblea.