OS RICOS MÁIS RICOS E OS POBRES MÁIS POBRES

49

Mentres que o poder político descarga sobre os traballadores e traballadoras os efectos dunha crise que non provocamos, os culpables, os ricos, os especuladores, os capitalistas (Amancio Ortega, as koplowitz, Florentino Pérez…), que no ano 2009 gañaron o 27% máis que no ano 2008, no ano 2010 repetiron a xogada, esta vez gañaron o 8,6% máis que no ano 2009. Temos claro que todas as medidas tomadas polos gobernos estatal e autonómico están encamiñadas para que os ricos e poderosos gañen aínda máis diñeiro.Os indicadores son rotundos:As empresas do IBEX 35, pola súa parte, gañaron no 2010 un 16% máis que no ano 2009. Aproveitaron a circunstancia para subir o soldo dos seus consellos de administración un 15%..A actividade industrial encadea 11 meses de crecemento sostido En novembro a cifra de negocios avanzou un 8,9% en taxa interanual e as entradas de pedidos incrementáronse un 11,1%.A planta viguesa de Citroën liderou en 2010 a produción de coches no Estado, sendo o 2010 un ano positivo para os produtores de coches, incrementándose as ventas no mercado estatal nun 29% e as exportacións nun 41,8%.INDITEX bate marcas nas ganancias.Etc. etc. etc.Á vez que isto ocorre, unha onda de precariedade, desemprego, perda de dereitos económicos e sociais…, afoga á clase traballadora mentres, como se ve, o capital vive nunha permanente situación paradisíaca.Non hai solucións intermedias, non caben pactos, nin componendas, se non demostramos a nosa capacidade de mobilización, se non baleiramos as empresas, ás fábricas, as administracións, os tallos…, e tomamos, de novo as rúas, esa onda da que falamos afogaranos.A voracidade dos explotadores non ten límite, quérennos submisos, derrotados e sen ningún dereito. Queren aproveitar a conxuntura para quitárnolo todo.Vivimos tempos transcendentais, diante dun ataque sen precedentes tócanos actuar de xeito contundente.O día 27 temos que demostrar a forza colectiva que fixo que conquistásemos os dereitos que agora nos queren roubar.O DÍA 27 DE XANEIRO TODOS/AS Á FOLGA XERALCONTRA O CAPITAL, UNIDADE E LOITA SINDICAL