Os incendios forestais son un crime de estado

515

As Fragas do Eume, A Fonsagrada, A Cañiza,  Vilariño de Conso, Maceda, Chandrexa de Queixa, ademais doutros lugares do territorio galego, nos últimos días son noticia tendenciosa nos medios de (des)información por culpa dos incendios forestais. Só no de Chandrexa de Queixa, aínda vivo, arderon arredor de 4000 hectáreas, máis do que ardeu en Galicia en todo ano 2024.

Non é nada novo o tratamento informativo manipulador que as administracións e os medios ao servizo do Réxime lle dan ao “fenómeno” dos incendios forestais, é sinxelamente escandaloso.”

Non é nada novo o tratamento informativo manipulador que as administracións e os medios ao servizo do Réxime lle dan ao “fenómeno” dos incendios forestais, é sinxelamente escandaloso. Para estes resulta que as temperaturas do mes de xullo e agosto -o tempo climático- é o culpable da vaga de incendios. Pero será que fai cincuenta anos non existía o factor tempo climático? Claro que si, e non seremos nós que nos apuntemos ao negacionismo do cambio climático.

Se un recorre ás hemerotecas poderá comprobar como a manipulación para explicar a lacra dos incendios foi variando. Hai moi poucos anos -e de cando en vez é recuperado- o concepto máxico era “incendio intencionado” que se lle adxudicaba á maioría dos lumes sen que no noventa e nove por cento dos casos apareceran os incendiarios autores dos mesmos. Teñen chegado á perversidade de aproveitar a localización anecdótica  dun enfermo mental pirómano para converter a noticia nun circo.

O obxectivo do Réxime era daquela o que hoxe é realidade consolidada na xeneralidade dos montes galegos: o monocultivo de piñeiro e eucalipto (especies pirófitas) como materia prima para as celulosas”

A razón –non a única- que explica a lacra dos incendios forestais na nosa terra é a súa planificación por parte do goberno de España e da administración lacaia da Xunta de Galicia. Esta responsabilidade criminal ten razóns históricas que hai que coñecer para entender ben o fenómeno. No ano 1948 o chamado Patrimonio Forestal do Estado (antecesor do ICONA) decreta a expulsión das poboacións rurais do monte en man común ao negarlle os usos tradicionais do mesmo.

O obxectivo do Réxime era daquela o que hoxe é realidade consolidada na xeneralidade dos montes galegos: o monocultivo de piñeiro e eucalipto (especies pirófitas) como materia prima para as celulosas, que se instalarían dez anos despois en Lourizán e en Navia (Asturias). Non hai que ser un estudoso do tema porque incluso observando a paisaxe actual da cornixa cantábrica galega e a das Rías Baixas, poboadas con auténticas selvas eucaliptais, delata a planificación daquela non entendida.

Esta coitelada ás poboacións rurais veu provocar o abandono da economía agraria e en gran medida explica que as parroquias lle deran as costas ao monte. Sabemos que a razón que explica os fenómenos sociais e económicos nunca é única, pero esta foi a determinante que provocou a emigración masiva nas décadas dos 40, 50 e 60 do século pasado. O combustible –gasolina- queda ciscado nos nosos montes e a paulatina desaparición da economía agraria vai configurar até hoxe o contexto idílico para a lacra incendiaria.

Quen desde a política española e galega substentan o herdo da Reforma Política franquista, ou daqueles sectores financeiros e empresariais que usan o relato onde se asocia o uso tradicional do monte á pobreza ou ao subdesenvolvemento, minten.”

Quen desde a política española e galega substentan o herdo da Reforma Política franquista, ou daqueles sectores financeiros e empresariais que usan o relato onde se asocia o uso tradicional do monte á pobreza ou ao subdesenvolvemento, minten. Eses mesmos son os que substentan e xestionan os intereses capitalistas forestais na vertente das celulosas como a do negocio noxento en que converteron a lacra incendiaria. Si, a loxística contra o lume –nunca preventiva deste- como a suposta política de recuperación do monte queimado está privatizada e responde a intereses espurios.

O monte noso, máis que ningún outro pola produtividade de biomasa, sería absolutamente rendible cunha explotación sustentable do mesmo. A explotación racional madeireira que en nada ten que ver cos monocultivos, o pastoreo vacún, bovino e cabalar deberían ser as grandes -pero non únicas- explotacións económicas do monte.

Secretariado Político da CUT