A sección sindical da CUT nos bombeiros de Vigo hai moito tempo que vén denunciando a súa precaria situación laboral (escaseza de efectivos, exceso de horas extra…) e que levou ao peche dos parques da cidade en varias ocasións.
“Hai cinco anos, obrigáronnos a subir ao tren do risco, da irresponsabilidade, mermaron o noso servizo e as nosas capacidades ata o que parecía incrible”, sinalan nun vídeo publicado nas súas redes e dirixido á cidadanía. “Anos baixo un decreto que un xuíz obrigou a retirar por esclavista, folga, centos de intervencións con riscos inasumibles para nós e para vós…”.
Lembran os riscos do seu oficio coma o que hai uns días levou ao falecemento dun dos seus compañeiros ao caerlle enriba unha parede durante a revisión dun edificio e insisten nas súas reivindicacións para poder desenvolver as súas tarefas dun xeito digno e seguro.
“O disfraz de bombeiro é un dos nosos tesouros, todos soñamos con vestilo….pero non é máxico, non nos fai voar, que non nos queimemos, nin que non afoguemos” din no seu comunicado, no que instan á cidadanía a apoialos nas súas demandas e esixir un servizo de bombeiros de calidade.
“A sección sindical da CUT denuncia a irresponsabilidade na xestión deste servizo dende o concello e anuncia que seguirán nas rúas ata conseguir poder facer o seu traballo como a cidadanía merece e sen riscos nin medo.”
A sección sindical da CUT denuncia a irresponsabilidade na xestión deste servizo dende o concello e anuncia que seguirán nas rúas ata conseguir poder facer o seu traballo como a cidadanía merece e sen riscos nin medo.
“Hoxe un anxo máis vela por nós, un anxo ao que nunca poderemos devolverlle o que ofreceu a cidade, agora tócanos facer todo o necesario para que o Sergio ofreceu lle sea devolto , e non se faga a ninguén volver a asumir riscos que poidan evitarse”.
Vigo sen bombeiros nunca máis!
Info relacionada aquí: