OS BANCOS QUEREN MÁIS

41

A regulación da banca a nivel internacional pasa por, de momento, tres acordos os de Basilea I (de 1988) e Basilea II (2004) non só non serviron para dotar á economía mundial dun sistema bancario máis san, senón que o danaron aínda máis. Basilea II esixiu niveis máis altos de capitalización, pero non freou as operacións especulativas realizadas polos bancos.A principal característica de Basilea III (2010) é a elevación do nivel de reservas duras que deben manter os bancos nas súas operacións. Nestes acordos sóbese o nivel de 2.5 por cento a 4.5 por cento do valor dos activos, e iso compleméntase cun amortecedor de 2.5 por cento. Así, os fondos que cada banco debe manter como reserva dura ascenden a 7 por cento dos activos.Pero a realidade é que o sector bancario mundial descubriu hai tempo que pode sobrevivir saqueando a economía real, e que en caso de caer en bancarrota será rescatado inmediatamente polos poderes políticos dos estados, verdadeiros monicreques nas súas mans multiplicando, aínda máis, as súas ganancias. A banca necesitaría ata 602.000 millóns de euros adicionais a escala mundial para facer fronte ás esixencias de capital contempladas na nova regulación do sector, coñecida como Basilea III, que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2019.O estudo analizou a situación dun total de 263, dividíndoas en dous grupos, o primeiro dos cales conta con 94 bancos considerados grandes (aqueles ben diversificados, con presenza activa internacional e un ratio de capital Tier 1 superior a 3.000 millóns de euros), e un segundo grupo ao que pertencen as 169 restantes de menor tamaño.OS BANCOS EUROPEOS NECESITAN 291.000 MILLÓNS DE EUROS.A nivel europeo, o Comité Europeo de Supervisores Bancarios (CESB) desenvolveu o estudo incluíndo 246 entidades do Vello Continente, das que sete eran do estado español. Do total de entidades analizadas, 50 bancos pertencían ao Grupo 1 e 196 ao Grupo 2.Deste modo, o regulador destacou que de aplicarse os criterios de Basilea III a finais de 2009, os bancos do primeiro grupo necesitarían 53.000 millóns para cumprir cun ratio do 4,5% e 263.000 millóns para alcanzar o 7%.Pola súa banda, os bancos do Grupo 2 necesitarían uns 9.000 millóns de euros para cumprir co requisito do 4,5% e uns 28.000 millóns máis para alcanzar o ratio do 7%.Se non reaccionamos, imaxinade de onde sairán eses centos de miles de millóns de euros.O sistema capitalista utiliza as crises do mesmo xeito que utiliza as guerras. As crises orixínanse pola avaricia desmedida do capital arruinando a economía real dos estados, rexenerándose a través da recapitalización realizada polos xa paupérrimos estados. Iniciando, deste xeito, un novo ciclo.Estamos en plena batalla, o capital afogou a economía dos estados, estes no canto de actuar contra os causantes acoden a executar o segundo paso, capitalizar, de novo ese avarento saco sen fondo, para isto lexislan de xeito que os que acabemos pagando sexamos nós, os traballadores e traballadoras.Os poderes políticos son claramente os executores de políticas impostas desde o FMI e demais esferas de poder do capital.Nós témolo claro, este sistema non serve!. Non aceptamos un sistema fundamentado na explotación dos traballadores/as.A loita é de clases e nós representamos á clase obreira.Quedou demostrado que non chegou coa folga xeral realizada o 29 de setembro, desde esa data o capital seguiu actuando mentres os traballadores/as estivemos “á espera”. Na situación actual fai falta unha acción contundente e continuada, non lles podemos dar ningún momento para se recuperar, se non o facemos as consecuencias sufrirémolas xa non só nós, senón tamén as sucesivas xeneracións de traballadores e traballadoras, cada vez máis precarizados/as.