No día de onte, na xuntanza entre a Dirección e o pleno do Comité de Empresa, déusenos traslado de certas materias que entendemos facilitan ao abeiro do artigo 64 do
E.T. Ca pequena exposición feita, non se cumpre co establecido no artigo 64 do E.T, a vez que desexo recordarlle, que aínda ternos pendente case rematando o 1º trimestre de 2018, realizar balance do 4° trimestre de 2017.
Tampouco pode darse por cumprido o establecido no artigo 41 do E.T, no que atinxe a modificación substancial das condicións de traballo pretendida nos colectivos de Mantemento de Ferraxe e de CIM-PSP no punto de Organización Industrial.
As modificacións pretendidas seguen adoecendo de:
1°. Un período de consultas formal, nunha comisión negociadora.
2º. A Comisión negociadora debería haberse constituído previamente a comunicación das modificacións substanciais pretendidas pola Empresa, ou no transcurso da comunicación das modificacións. Pero debe constituirse !
3.º Cas modificacións pretendidas, modifícanse entre outras: -xornada de traballo e horarios e distribución do tempo de traballo actuais, -réxime de traballo e quendas actual, calendario laboral, acordos vixentes Extra-Convenio e vinculación co mesmo, etc. Polo tanto materias moitas delas reguladas en Convenio Colectivo, que debe realizarse conforme ao
establecido a súa vez no artigo 82.3 do E.T.
4°. A información deberase facilitar polo empresario ao Comité de Empresa dunha maneira e contido apropiados que permitan aos representantes dos/as traballadores/as proceder o seu exame adecuado e preparar, no seu caso, a consulta e informe, tanto para o artigo 64, coma neste caso o establecido no artigo 41 do E.T.
En definitiva, pretendese levar a cabo unhas modificacións substanciais que non so modifica as condicións dos/as traballadores/as afectados, senón aspectos de calado como acordos vixentes na empresa, calendario, convenio colectivo, remuneración salarial, etc., que non poden quedar a arbitrariedade da empresa a futuro.
Non se poden amparar para xustificar a non creación de dita comisión a voluntariedade dos colectivos, ou a que coma exemplo no día de onte manifestaban que a quenda de noite lles había feito chegar un calendario que estaban estudando. Quen ente da quenda de noite lles fixo chegar a proposta de calendario?, porque a representación legal non foi. Non poden obviar polo tanto a representación legal dos/as traballadores/ as establecendo negociacións fora da legalidade, ou imposicións que tamén pode ser o caso.
Pretenden botar a andar as modificacións aos colectivos de Mantemento o 16 de Abril, e CIM-PSA no mes de Xuño, sen clarificar e cumprir as formalidades establecidas na lexislación vixente, que cando menos esta Sección Sindical advirte que de non cumprirse acudira a xurisdición social non so para unha mellor defensa dos/as dereitos lexítimos dos/as traballadores/as. senón tamén da representatividade que nos asiste coma representantes legais dos/as traballadores/as.
En base o anteriormente exposto, instamos unha vez mais a esa Dirección para que cumpra as formalidades establecidas na lexislación vixente.