ONDE ESTÁN AS PRAZAS DE FRANCÉS DE PRIMARIA?

491

Na resolución provisional do CADP do pasado 27 de xullo de 2022 a especialidade de Mestres Lingua Estranxeira Francés veuse gravemente afectada, de novo, polo acontecido coas súas vacantes.

Nos días previos saíron á luz as vacantes que ían ser adxudicadas no CADP e a especialidade de francés contaba con 110 vacantes. A sorpresa chegou o mesmo día da publicación provisional cando só 67 das mesmas foron adxudicadas a dita especialidade, 43 aos novos funcionarios en prácticas e 24 a interinos, adxudicando as 43 vacantes restantes afuncionarios en prácticas doutras especialidades: Primaria, EF, PT e mesmo Inglés e Infantil a algúns suprimidos (achegamos documento).

Como consecuencia, a lista de interinos especialistas de francés veuse afectada e sen destino para o próximo curso por este intrusismo consentido e promocionado pola Consellería. As mestras de francés interinas, pendentes da súa estabilización, levan anos  traballando arreo para dignificar a especialidade na defensa da segunda lingua estranxeira. 

O máis grave é que as vacantes están aí e deberían ser ocupadas por o colectivo especialista, pero a consellería decide situar nelas a outras traballadoras doutras especialidades, facendo así que a impotencia se apodere de todo o colectivo, que como xa se di anteriormente, loita pola calidade da ensinanza e tamén pola inclusión da segunda lingua estranxeira nos centros escolares, que dito sexa de paso, está tendo moito éxito alí onde se imparte.

Onde está o plurilingüismo do que presume o noso goberno? Porque temos que vernos na rúa os interinos de francés pola incompetencia da Xunta que  adxudica prazas onde quere sen ter en conta o catálogo dos centros? 

Estamos pagando nós, o noso pan e as nosas familias polo mal facer dos que nos gobernan e non o podemos permitir.

Anexamos a listaxe das vacantes de mestres de lingua estranxeira francés que foron adxudicadas a profesorado doutras especialidades. 

Queremos unha solución e por iso estaremos mañán fronte á San Caetano xunto ás compañeiras doutras especialidades tamén despedidas dos seus postos pola imposición de afíns, que non deixa de ser tamén un xogo da Xunta coas especialidades para recortar ao seu antollo.

O colectivo de mestres de francés da CUT rexistrou queixa ao respecto tamén deste asunto ante a Consellería de Educación.

FUNCIONARIOS EN PRÁCTICAS
ESPECIALIDADE CENTRO ADXUDICADO
1 Educación Física CEIP Manuel Masdías (Ferrol)
2 Primaria CEIP Mestre Manuel García (Oia)
3 Primaria CPI do Progreso (Catoira)
4 Primaria CEIP PL de Vilaxoán (Vilagarcía)
5 Primaria CEIP As Bizocas (O Grove)
6 Primaria CEIP PL A Cristina (Carballo)
7 Primaria CEIP Amor Ruibal (Barro)
8 Primaria CPI do Feal (Narón)
9 Primaria CEIP O Areal (Camariñas)
10 Primaria CEIP Antonio Blanco Rodríguez (Covelo)
11 Primaria CEIP Xuño (Porto do Son)
12 Pedagoxía Terapéutica CEIP PL Ángela Ruiz Robles (Ferrol)
13 Primaria CEIP PL Nantes (Sanxenxo)
14 Primaria CEIP de San Roque (Vilanova de Arousa)
15 Primaria CEIP A Sangriña (A Guarda)
16 Primaria CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia)
17 Primaria CEIP PL de Conmeniño (O Grove)
18 Primaria CPI PL Virxe da Cela (Monfero)
19 Primaria CEIP PL San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)
20 Primaria CEIP Printor Antonio Fernández (Tomiño)
21 Primaria CEIP PL de Reibón (Moaña)
22 Primaria CEIP Fondo Nois (Foz)
23 Primaria CPI de Atios (Valdoviño)
24 Primaria CEIP PL de Ponte o Porto (Camariñas)
25 Primaria CEIP PL Xulio Camba (Vilanova de Arousa)
26 Pedagoxía Terapéutica CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves)
27 Primaria CEIP PL Pena de Francia (Mos)
28 Primaria CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños)
29 Primaria CEIP Bergantiños (Carballo)
30 Primaria CEIP PL do Castrillón-Coiro (Cangas)
31 Primaria CEIP PL de Outes (Outes)
32 Primaria CEIP PL Ponte de Xubia (Narón)
33 Educación Física CEIP PL de Tebra (Tomiño)
34 Primaria CPI de Ponte Carreira (Frades)
35 Primaria CEIP de Maciñeira (Neda)
36 Primaria CEIP Canosa-Rus (Coristanco)
37 Pedagoxía Terapéutica CEIP PL San Xoán de Filgueira (Ferrol)

 

MESTRES SUPRIMIDOS
ESPECIALIDADE CENTRO ADXUDICADO
1 Inglés CEIP de Mosteiro-Bembrive (Vigo)
2 Infantil CEIP PL Unión Mugardesa (Mugardos)
3 Primaria CEIP da Laxe (Marín)