Súbete nos buses da dignidade, pola consolidación do profesorado galego.
O día 14 temos unha cita moi importante en Compostela. Neste día imos darlle a benvida que se merece a Rueda como responsable de dar saída á nosa precarización.
Vaiamos xuntas e de forma sostible ao Parlamento. Podes facerte co teu asento a distancia, escribindo ao noso correo, ou a partir do luns nos locais da CUT en Ourense, Vigo, A Coruña, Cangas e Compostela.
Trae aos teus amigos e familia. O ensino público é cousa de todas.
Pecharanse horarios de saída e chegada ao longo da próxima semana en canto coñezamos a axenda parlamentaria.
SAIDAS DE OURENSE, VIGO, PONTEVEDRA, A CORUÑA E FERROL.
Contacta en cutensino@cutgaliza.org