O venres 27, última mobilización do 2013 no Morrazo

60

Este venres ás oito da tarde na Praza do Concello de Cangas, terá lugar a última mobilización do ano que remata. Alá quedan 63 mobilizacións celebradas cada venres, desde o mes de xullo do ano 2012. As manifestacións precedidas dunha concentración fronte ao Concello, atenderon os temas máis diversos e que golpean á clase traballadora.A Reforma Laboral, os recortes na Sanidade e Ensino, a Folga Xeral, a suba enerxética, os desafiuzamentos, o roubo aos pensionistas, ou a estafa bancaria, foron temas e lemas abordados nestas mobilizacións. O camiño e a perseveranza na mobilización non foi fácil, nin tampouco de balde. Non faltaron os intentos de boicot ou de aproveitarse do esforzo militante.Remata o ano pero non rematan as mobilizacións. O vindeiro venres 3 de xaneiro, as rúas de Cangas volverán a escoltar os berros da dignidade obreira e popular.