O Tribunal Supremo non admite o recurso da empresa e confirma a sentenza 02660/2023 do TSXG, que viña de condenar novamente a Stellantis Vigo, por vulneración de dereitos fundamentais e da liberdade sindical, neste caso a CUT como único sindicato demandante. A sentenza declaraba nulo o acordo individual de teletraballo e acredita 3 vulneracións á liberdade sindical polas que a empresa ten que indemnizar a CUT con 30.000€.
“Con esta sentenza confírmase a clara política antisindical que ten esta empresa de cara á CUT, a única central sindical que lle fai fronte.”
Con esta sentenza confírmase a clara política antisindical que ten esta empresa de cara á CUT, a única central sindical que lle fai fronte. O ninguneo continuado ao que pretende someternos, ocultándonos continuamente a información indispensable para poder actuar na defensa das persoas traballadoras e limitando a nosa acción sindical, ao que agora e unha vez máis con esta nova sentenza, ponlle freo o Tribunal Supremo. Lembrar que xa son varias as sentenzas que sancionan a Citroen (STELLANTIS Vigo) por vulnerar dereitos fundamentais da CUT Citroën.
A sentenza ratifica que o acordo de teletraballo que foi imposto unilateralmente pola empresa é nulo, e máis á vista das diferentes cláusulas que nel se recollen:
.- Dificulta dereitos de conciliación as persoas que de adhiran ao acordo individual de tele-traballo.
.- Establece condicións de equipamento tamén a cargo da persoa traballadora como pode ser o internet, cando é a empresa quen debe de facilitalo.
.- A compensación económica realizada pola empresa de 120€ brutos/ano que compensaría de xeito global a situación de teletraballo, non pode ter consideración de salario, xa que sería transformar parte do salario en indemnizacións ou suplidos, reducindo o salario por esta vía.
.- Condiciona os límites da desconexión dixital, ao poder establecer comunicacións urxentes fóra da xornada laboral das persoas traballadoras. (disto no taller sabemos bastante).
No colectivo afectado pola imposición das condicións de teletraballo a CUT non ten representación, pero isto non quita que dende esta central sindical velemos polos seus dereitos e poñamos en valor a importancia da negociación colectiva sobre a individual, protexida na lexislación vixente. Esta imposición das condicións, contou co silencio cómplice de SIT, UGT e CC.OO, a pesares de que si teñen representación no colectivo afectado.
A recente sentenza do Supremo confirma a vulneración de dereitos fundamentais e da liberdade sindical:
.- Ao ser imposto e non negociado; falla de resposta aos requirimentos da CUT.
.- Acordo elaborado unilateralmente intentando desvirtuar a intervención sindical nas condicións do traballo a distancia.
.- Atraso na entrega das copias das persoas en teletraballo.
A CUT CITROEN lamenta a actitude da dirección que mantén unha posición e talante pouco negociador, e que pretende condicionar a actividade sindical ocultándonos reiteradamente información indispensable, onde o sindicalismo maioritario asiste como marioneta da empresa.