O sindicalismo nacional reúnese en Bilbo este xoves 24 de marzo

342

O vindeiro xoves 24 de marzo o sindicalismo nacional e soberanista europeo vaise reunir en Bilbo para analizar e debater a nova conxuntura internacional e súa afectación á clase traballadora das distintas realidades nacionais e territoriais.

Estarán presentes: CUT e CIG de Galiza, LAB e ELA de Euskal Herria, IAC e CSC de Catalunya, Intersindical Valenciana do País Valencià, Intersindical Canaria de Illas Canarias, CSI de Asturies, CUT de Aragón, EIS de Escocia, FORSA de Irlanda, SAVT do Val de Aosta, STC de Córsega, CSS de Sardinia. Tamén participarán a USTK de Kanakia e UGTG de Guadalupe.

A CUT estará representada polo Secretario Xeral, Ricardo Castro e por Manolo Camaño, Secretario de RR. Internacionais.

Neste evento, e a partir das distintas visións que van achegar as organizacións participantes, vaise impulsar o papel que debe de ter o sindicalismo soberanista nos procesos de transformación no contexto europeo.