O SERGAS PROHIBE A FOLGA DA LIMPEZA HOSPITALARIA

110

O Sergas impide a efectividade do dereito á folga da limpeza hospitalaria mediante a imposición duns servizos mínimos que chegan a superar o cadro de persoal actual da limpeza hospitalaria. Os Comité de Empresa valoran a posíbel existencia dun ERE encuberto e pregúntanse polo incerto destino de fondos públicos asignados a persoal.Compostela, A Coruña – O Comité de Folga do servizo de limpeza hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) quere facer pública a denuncia da prohibición de feito da folga programada para os días 2, 9 e 16 de novembro por parte do SERGAS, baseada nos seguintes datos:1º – Durante a negociación previa dos servizos mínimos o Comité de Folga trasladoulle reiteradamente ao Sergas que os servizos mínimos que este organismo público intentaba decretar resultaban claramente abusivos, chegando a seren do 100% en moitas das áreas, impedindo tecnicamente a asistencia á folga da traballadoras e traballadores do servizo e polo tanto, conculcando neglixentemente o exercicio do dereito a folga de case a totalidade do cadro de persoal. O Comité de Folga valorou que a exclusión de tan baixa porcentaxe de traballadoras/es dos servizos mínimos, constitúe unha flagrante vulneración do dereito de folga.2º – Este Comité trasladoulle tamén durante esa negociación que os servizos mínimos superaban en varias das áreas do Complexo Hospitalario o número de presenzas diarias habituais de traballadoras e traballadores do servizo. (As presenzas diarias constitúennas os/as traballadores/as que efectivamente están no seu posto de traballo, excluíndo polo tanto aos/ás que están de libranza, descanso ou ausentes polos motivos máis diversos. Unha presenza equivale, xa que logo, a máis dun contrato). Isto é porque o Sergas ten contratado un número de presenzas que a empresa non está ofrecendo malia estalas cobrando: o Sergas (todas e todos nós) paga por cada presenza que contrata. Estará pensando o Sergas en contratar persoal para facer uns mínimos que son imposíbeis pola dimensión fraudulenta do cadro de persoal actual?A pesares de todo, o Sergas decidiu tirar para adiante coa vixente resolución de servizos mínimos, publicada con data de hoxe no DOG (consultar aquí), nidiamente vulneradora do dereito constitucional á folga.3 º – Este Comité de Folga denuncia que se está a proceder a un ERE encuberto por parte da empresa Clece SA, coa connivencia da adiministración pública. Non se están a dar as presenzas nin os contratos esixidos pola contrata, estanse a deixar sen cubrir baixas laborais e ausencias, e polo demais estanse a precarizar  as condicións de contratación substituíndo sistematicamente contratos indefinidos por contratos-lixo. Estase polo tanto a degradar ilexitimamente un plantel que é subrrogábel.4º – Este Comité de Folga quere recordar que as presenzas que non se están a dar están a ser pagadas polo conxunto da cidadanía galega. O Comité de Folga esixe unha explicación do que se está a facer cos cartos públicos destinados a contratacións e que non están a ser utilizados con tal fin? Esixe tamén unha explicación pública do Sergas de por que non activa os mecanismos de Inspección Administrativa obrigatorios e que o Comité lle leva esixido reiteradamente, axudando así a encubrir esta irregularidade da empresa.5º – O Comité de Folga vai impugnar os servizos mínimos decretados polo Sergas, e a causa da proibición desta folga e polos motivos antes expostos, defenderá lexitimamente o dereito a folga do conxunto do cadro de persoal e que solicitará das traballadoras e traballadores que esta folga non sexa efectivizada para evitar a pantomima que Sergas e Clece SA queren, ata contar cunha resolución favorábel da xustiza en torno o carácter abusivo dos mínimos.Compostela a 01 de outubro do 2011