O Secretariado Nacional da CUT fai un chamamento ao 1º de maio

66

O Secretariado Nacional da CUT, máximo órgano de dirección da central sindical, aprobou no día de onte o deseño da campaña do 1º de maio, Día do Proletariado Internacional.O Secretariado Nacional, fai un chamamento ás bases da CUT, e a clase traballadora galega para participar e vigorizar a celebración deste 1º de Maio, baixo o lema: “Loita e Dignidade, fronte ao Goberno e a Patronal”.Nesta conxuntura de traizón sindical e de expansión do neoliberalismo, é fundamental para a CUT, rearmar ao sindicalismo en clave de clase e combatividade; para frear a práctica regresiva do Goberno, Patronal e o sindicalismo domesticado. Nunha conxuntura actual, en que a protagonista é a brutal accidentabilidade laboral en constante crecemento, como resultado da explotación capitalista, e que remata, en moitos casos, coa morte de traballadores.A CUT vaise manifestar en Vigo xunto coa CGT nunha convocatoria unitaria que partirá ás 11 da mañá da Praza de Fernando o Católico. Parellamente e con posterioridade, ao remate da manifestación na Porta do Sol, celebrarase un xantar proletario no Parque da Riouxa en Teis. A campaña da CUT a nivel propagandístico basearase: na colocación masiva de pancartas e carteis nos centros de traballo. ACCIDENTE LABORAL = TERRORISMO PATRONALVIVA O 1º DE MAIO!