O Salgueirón: combatividade, organización e comunidade

54

A coordinadora comarcal do Morrazo, dentro do programa de actividades Venres Culturais, organiza en Cangas unha nova xornada este venres 21 de marzo ás 19 h na que participarán o escritor e xornalista Primitivo Carbajo, o presidente da Confraría de Pescadores Javier Costas, o membro do Foro Social de Cangas Tiago Pérez e a concelleira canguesa Maruchi Álvarez.

Baixo o lema “O SALGUEIRÓN. Combatividade, organización e comunidade” queremos facer memoria da loita veciñal que lle parou os pés á especulación urbanística no Concello de Cangas hai 20 anos.

“A loita do Salgueirón nace como resultado da resposta social ao intento máis salvaxe da especulación urbanística: a intención de privatización do litoral cangués, onde se pretendía construír un macrocomplexo comercial, un hotel e un porto deportivo de luxo na contorna do Salgueirón e da antiga fábrica de Massó.”

A loita do Salgueirón nace como resultado da resposta social ao intento máis salvaxe da especulación urbanística: a intención de privatización do litoral cangués, onde se pretendía construír un macrocomplexo comercial, un hotel e un porto deportivo de luxo na contorna do Salgueirón e da antiga fábrica de Massó.

Este intento non viña aillado e era consecuencia dunha estratexia política, por parte do PP, que tiña como interese converter Cangas nun centro de ocio e dar un pelotazo urbanístico. Falamos do intento do PXOM de 2004, os convenios dos Montes de Aldán ou a depredación do Salgueirón.

Dende a CUT queremos recordar o ocorrido neses máis de 15 de loita, onde a sociedade organizada, a Confraría de Pescadores e a veciñanza uniron forzas e folgos para plantarlle cara aos poderes políticos e económicos e foron quen de vencer.

Queremos analizar o ocorrido para facer memoria e construír o futuro, xa que somos conscientes que só a través da organización e da colectividade poderemos enfrontarnos ao noso inimigo común.

“Estamos nun momento crucial da loita de clases, onde nos queren mudas e paradas. Exemplo disto son os ataques continuos á nosa lingua ou o intento de destrución da nosa terra con proxectos coma Altri. Pero nós confrontaremos ata gañar e para logralo temos que recordar as loitas que se venceron.”

Estamos nun momento crucial da loita de clases, onde nos queren mudas e paradas. Exemplo disto son os ataques continuos á nosa lingua ou o intento de destrución da nosa terra con proxectos coma Altri. Pero nós confrontaremos ata gañar e para logralo temos que recordar as loitas que se venceron.

Por este motivo a loita do Salgueirón segue viva e é preciso traela ao presente, para non esquecer o noso pasado e construír o futuro que queremos.

Animamos a todas as persoas a participar no encontro, aberto ao público xeral.